martes, 8 de noviembre de 2011

De os Romanos aos Suevos

A romanización de Galicia é un proceso polo que o pobo galaico, que habitaba os castros antes da chegada dos romanos, acaba asimilando a cultura romana (lingua, relixión e manifestacions artisticas) unha vez que se incorpora plenamente ao Imperio.


O proceso de romanización comeza no momento que os romanos entran en contacto co pobo galaico.


http://www.youtube.com/user/Cliphistoria#p/c/CFABE49E00E24B27/11/YlHrSMqj9FU


Dion Casio, falanos da expedicion de Cesar segundo as fontes clasicas: "Desde ali Cesar navegando ao longo da costa, cara a Brigantio, cidade da Gallaecia, atemorizounos e someteunos polo ruxido da navegacion, xa que endexamais viran unha escuadra".


A expedicion de Cesar nos anos 61 e 60 a.C, a que fai referencia Dion Casio, foi a terceira das expedicions romanas sobre o territorio galaico; a primeira fora a que dirixira Brutus o Galaico no 137 a.C. e a segunda, a que dirixiu Publio Craso entre os anos 96 e 94 a.C. A expedicion de Cesar, que "navegando ao longo da costa chegou a Brigantio" -a actual Coruña-, puxo fin ao proceso de conquista e inaugurou de pleno o proceso de romanizacion.


Silio Italico, (s. III, 344-543) deixou constancia sobre as costumes dos galaicos: "Este descanso e este divertimento son un sacro pracer para os homes. A laboriosidade da muller fai o resto: bota semente no rego e ara a terra co arado, estando inactivos os homes. Todo o que haxa que facer, non sendo a dura guerra, afrontao a muller do home Galaico sen parar".


Os romanos atoparon no NO peninsular un pobo que posuia unha organizacion social propia, a que alude Silio Italico, asi como unha cultura e unha lingua propias, posiblemente pertencente a familia de linguas celtas. Ese pobo vivira ao longo dos seculos como unha sociedade estructurada en clases asentada sobre o matriarcado.


Os romanos atoparon en Galicia unha terra rica en recursos naturais: "Gallaecia e unha rexion riquisima en cobre e chumbo, ademais de minio, que mesmo lle deu nome a un rio. Tamen foi rica en ouro e prata, ata tal punto que mesmo co arado frecuentemente sacan anacos de ouro". Xustino.




Dende o xacemento das Médulas obtiñase 1/4 de todo o ouro do Imperio.


Os romanos chegaron a Galicia atraidos, principalmente, polas suas riquezas minerais, como di Xustino. Os romanos desenvolveron no territorio galaico a estratexia precisa para alcanzar os seus obxetivos: obter os recursos mineiros tan abundantes en Galicia e manter a paz interna para garantir o control deses recursos e recrutar soldados para o exercito.


A romanizacion en Galicia, alen de na integracion nas estructuras administrativas imperiais, na incorporacion as rutas comerciais, no uso do dereito romano, e na fundacion de vilas e cidades*(foto), como a de Lucus Augusti, manifestouse nos seguintes aspectos:
1.- A difusion do latin. A lingua que falamos na actualidade e herdeira do latin e non da lingua prerromana, que conservamos como substrato.
2.- Na asimilacion relixiosa. O culto a Xupiter, a principal divinidade romana, (e tamen aos lares e as ninfas) espallouse entre a poblacion galaica, como proban as numerosas aras e estelas atopadas, ainda que os romanos permitiron o culto as divinidades indixenas, como Cosus e Bandua, das que tamen se encontran aras, o que demostra que a tradicion artistica local reinterpretou as manifestacions artisticas romanas.


*(foto)



Asi pois, o arraigamento da relixion cristia e a promocion de certos persoeiros da aristocracia galaica en Roma, son unha mostra da fonda romanizacion de Galicia no seculo IV.


Proba desa romanizacion e o feito de que os suevos, que se asentan en Galicia no seculo V como consecuencia dun pacto cos romanos, atopan un territorio completamente romanizado, no que a poboacion asimilara completamente a lingua latina e a relixion romana.

viernes, 28 de octubre de 2011

Os Inicios da Cultura Castrexa

A cultura castrexa foi una cultura que desenrolouse dende finais da Idade do Bronce ata principios da nosa era, no noroeste da Península Ibérica. A sua característica mais notable son os poboados fortificados coñecidos como “castros”, dos cales deriva o seu nome.

Esta cultura desenrolouse durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana dende o seculo II a.C, continuando en forma de cultura galaico-romana despois da conquista e ata os seculos III-IV. Alguns castros poideron estar presentes tamen no seculo V na ocupacion polos suevos.

No sector economico, os castrexos tiñan una base agricola e gandeira-pastoril. As fertiles terras galegas facilitaban a recollida de froitos, acaza, a pesca, e como non, o marisqueo.

Podemos situar a orfebrería na Idade do Bronce, neste sector destacamos os torques e brazaletes, asi como os pendentes ou os aneis. Coas armas sinalamos as espadas cortas, similares as falcatas iberas, e tamen os puñais de antenas (empuñadura con duas ramificacions similares a unhas anteniñas).