martes, 20 de marzo de 2012

Os Seculos Escuros

Mentres Portugal e Castela viven un periodo de esplendo, espallando polo mundo unha importante literatura, o galego sofre, moi claramente dende os seculos XVI, XVII e XVIII, unha etapa de deturpacion que afecta a literatura culta e a lingua, a cal se dialectiza e, neste periodo, enchense de castelanismos. Non se pode falar nestes seculos de literatura galega en si, senon de mostras literarias illadas que en moitos casos nin sequera chegaron a ser impresas. As mostras literarias conservadas dividense en dous grupos: as pertencentes a literatura popular de tradicion oral (cantigas, contos, lendas...), e algunhas poucas que poderiamos situar na literatura de tradicion escrita.

A Decadencia da Lirica Trobadoresca

A substitucion do galego polo castelan na poesia viñase producindo progresivamente dende a metade do seculo XIV. Os poetas galegos son agora bilingues e constituen o que se denomina escola galego-castela. O cancioneiro fundamental desta etapa e o Cancioneiro de Baena. A sociedade vive un periodo de inestabilidade por mor da guerra entre Enrique de Trastamara e Pedro I, as revoltas Irmandiñas no seculo XV e os enfrontamentos sucesorios entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Catolica, que instalara no trono de Castela a dinastia dos Trastamara e desprazara da primeira liña de poder a gran parte da nobreza galega.

As Causas da Decadencia

A progresiva imposicion do castelan por parte dos reis de Leon e de Castela chega a sua maxima expresion no reinado dos Reis Catolicos, tras as guerras Irmandiñas e a guerra civil contra a Beltranexa. Os novos cargos politicos e administrativos que veñen a Galicia son foraneos e imporan a lingua allea. Pouco a pouco os documentos iranse redactando en castelan. Todo isto tivo graves consecuencias linguisticas e literarias, entre outras o desprezo polo pais e polo seu idioma. A este labor desgaleguizador contribuira tamen a Igrexa. A universidade utiliza o latin como lingua de ensino, pero emprega o castelan na sua documentacion. A difusion da imprenta da un enorme pulo as linguas nacionais, pero en Galicia os primeiros libros imprimense en latin e en castelan, xa non en galego.

O pobo esta maioritariamente dedicado a agricultura e aparece un novo grupo social, os intermediarios dos arrendamentos, pertencentes a baixa nobreza ou a burguesia. Compartiran o poder coa Igrexa. Aumenta a demografia e os excedentes de poboacion empezan a verse na obriga de emigrar.

Asi, nos seculos XVI e XVII o galego convertese de facto nun dialecto, pois deixa practicamente de escribirse, situacion que contrasta coa realidade linguistica do castelan e do portugues, linguas romances que se ven convertidas en linguas de cultura nos seus respectivos reinos, compartindo ambitos co latin. O galego perde a sua vinculacion coa cultura e fica relegado ao uso exclusivo da fala. De ai nace a falsa crenza de ser o galego lingua inservible para os ambitos cultos.

As Irmandades

Nome dado aos movementos sociais que durante a Idade Media buscaban defender os intereses do pobo fronte aos abusos cometidos polos señores feudais. A primeria revolta irmandiña (Fusquenlla) dirixiuna en 1413 Rui Xordo, un fidalgo coruñes, contra a Casa de Andrade. A Gran Guerra Irmandiña tivo lugar entre os anos 1466 e 1469. Calculase que chegou a haber uns 80.000 irmandiños, que dirixidos por membros da baixa nobreza chegaron a destruir uns 130 castelos. En 1469 Pedro Madruga, apoiado polos monarcas castelan e portugues, polos nobres e polo arcebispo de Compostela, emprendeu un duro ataque contra o exercito das Irmandades, ao que derrotou grazas a utilizacion das primeiras armas de fogo. Os lideres irmandiños foron axustizados.

A Ponte do Pasatempo

O mariscal Pardo de Cela foi un dos señores feudais mais poderosos de Galicia do seculo XV. Enfrontouse a case todos os nobres galegos, ao bispo de Mondoñedo e mesmo aos Reis Católicos. Isto motivou que fose atacado e fortemente perseguido. Durante tres anos resistiu os ataques na Torre da Frouxeira, ata que o prenderon e morreu decapitado o 17 de nadal de 1483, na praza maior de Mondoñedo, xunto co seu fillo.

Conta a lenda que a sua muller galopou ata a corte castela para conseguir da sua prima, Isabel a Católica, o indulto para ambos os dous. A raiña concedeuno, pero uns cóengos disfrazados lograron detela con enganos a entrada de Mondoñedo, no lugar que dende enton se chama a Ponte do Pasatempo, de xeito que chegou tarde co recado.

Galicia nos seculos escuros

UNHA SOCIEDADE XERARQUIZADA

Aínda que hoxe en día as diferenzas sociais non son moi claras, ata ben entrado o século XIX a sociedade caracterízase pola sua forte xerarquizacion. Durante o período que denominamos Seculos Escuros, a nobreza e o clero por unha banda, e o campesiñado pola outra, van vivir, na practica, en mundos moi diferentes.

O século XV caracterizouse pola existencia de graves conflictos sociais. A construccion do novo estado que encarnaban os Reis Católicos e a fusión das coroas de Castela e de Aragón deixou a nobreza galega fóra dos círculos de poder e moitos señores feudais se enfrontaron aos novos monarcas e seus aliados.

Un deses señores foi Pardo de Cela, cuxa figura se vería axigantada despois pola memoria popular (lendas e romances) e polos escritores do galeguismo a partir de finais do seculo XX, dende Valentín Lamas Carvajal e Leiras Pulpeiro a Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala (1916)