martes, 20 de marzo de 2012

As Causas da Decadencia

A progresiva imposicion do castelan por parte dos reis de Leon e de Castela chega a sua maxima expresion no reinado dos Reis Catolicos, tras as guerras Irmandiñas e a guerra civil contra a Beltranexa. Os novos cargos politicos e administrativos que veñen a Galicia son foraneos e imporan a lingua allea. Pouco a pouco os documentos iranse redactando en castelan. Todo isto tivo graves consecuencias linguisticas e literarias, entre outras o desprezo polo pais e polo seu idioma. A este labor desgaleguizador contribuira tamen a Igrexa. A universidade utiliza o latin como lingua de ensino, pero emprega o castelan na sua documentacion. A difusion da imprenta da un enorme pulo as linguas nacionais, pero en Galicia os primeiros libros imprimense en latin e en castelan, xa non en galego.

O pobo esta maioritariamente dedicado a agricultura e aparece un novo grupo social, os intermediarios dos arrendamentos, pertencentes a baixa nobreza ou a burguesia. Compartiran o poder coa Igrexa. Aumenta a demografia e os excedentes de poboacion empezan a verse na obriga de emigrar.

Asi, nos seculos XVI e XVII o galego convertese de facto nun dialecto, pois deixa practicamente de escribirse, situacion que contrasta coa realidade linguistica do castelan e do portugues, linguas romances que se ven convertidas en linguas de cultura nos seus respectivos reinos, compartindo ambitos co latin. O galego perde a sua vinculacion coa cultura e fica relegado ao uso exclusivo da fala. De ai nace a falsa crenza de ser o galego lingua inservible para os ambitos cultos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario