viernes, 28 de octubre de 2011

Os Inicios da Cultura Castrexa

A cultura castrexa foi una cultura que desenrolouse dende finais da Idade do Bronce ata principios da nosa era, no noroeste da Península Ibérica. A sua característica mais notable son os poboados fortificados coñecidos como “castros”, dos cales deriva o seu nome.

Esta cultura desenrolouse durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana dende o seculo II a.C, continuando en forma de cultura galaico-romana despois da conquista e ata os seculos III-IV. Alguns castros poideron estar presentes tamen no seculo V na ocupacion polos suevos.

No sector economico, os castrexos tiñan una base agricola e gandeira-pastoril. As fertiles terras galegas facilitaban a recollida de froitos, acaza, a pesca, e como non, o marisqueo.

Podemos situar a orfebrería na Idade do Bronce, neste sector destacamos os torques e brazaletes, asi como os pendentes ou os aneis. Coas armas sinalamos as espadas cortas, similares as falcatas iberas, e tamen os puñais de antenas (empuñadura con duas ramificacions similares a unhas anteniñas).

2 comentarios:

  1. E onde está Hector?. Qué pensa Hector de todo iso?. Hector,polo teu nome terás que ver mais cos gregos que cos castreños? E isa cultura castrexa ten algo que ver connosco? A quen lle importa que os nosos devanceiros viviran en castros?...???¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿???

    ResponderEliminar
  2. hector, nesta entrada estas dicindo moitas cousas pero en realidade non estás dicindo nada!
    queres dicir tanto pero tan resumido, que o final queda un texto sen vida e moi aburrido no qe intentas meter demasiadas cousas, pero sen explicalas.
    PD: tes que poñer este blog máis colorido!

    ResponderEliminar