miércoles, 8 de febrero de 2012

Castillos Medievales

Fortificacions Medievais

O castelo concivese como un simbolo de poder. A miudo levantase en un terreo alto, dominando o territorio. Dende o alto da torre podense observar os campos, onde se cultivan os productos destinados ao castelo. Os primeiros castelos que se costruen chamanse “Castelos de Mota”, que estan feitos de madeira e son levantados polos campesiños que viven nas terras dos seus señores.


Co tempo, o castelo tranformase; xa non e simplemente unha fortaleza defensiva, senon que agora tamen e a residencia do señor. As estancias multiplicanse e o castelo faise mais confortable. As primeiras fortificacions son os castelos de mota. Constan dunha torre de madeira situada sobre unha mota de terra e rodeada dun foso. No patio encontramos os cobertizos coas provisions, os establos, o forno, o pozo e a residencia do señor. Todas estas construccions son de madeira, o que fai que o castelo sexa ainda vulnerable: unha simple antorcha pode prenderlle lume, e unha choiva forte pode hundir a mota.


Para evitar todos estes perigros, a partires do sec XI reemplazase a madeira pola pedra. Recurrese a obreiros especializados, albañiles, picapedreiros e carpinteiros para construir unha gran torre rectangular: a torre do homenaxe, que acolle a familia do señor e mais a guarnicion. Para protexerse mellor, en alguns castelos sustituese a empalizada da madeira por unha muralla almeada dotada de aberturas chamadas “saeteiras”, tras as cales os soldados agochanse e repelen aos enemigos con todo tipo de armas, como por exemplo as ballestas, que surxiron en torno aos sec X-XII.



¿Como vivian no castelo?

Esta e a parte bonita da descripcion dun castelo, seguramente poideramos pensar que o castelo era comodo....pero nada mais lonxe da realidade. Dentro do castelo non existe ningunha comodidade; nin radiadores nin grifos de auga. As chimeneas, que aparecen no sec XI, so estan reservadas para algunhas estancias: a sala de recepcions, as habitacions señoriais e as cociñas. O auga a conseguian extraendoa do pozo do patio ou de cisternas que recollian a auga da choiva; como pode ser o caso dos alxibes. Para lavarse, a auga quentase en caldeiras. Lavanse en lebrillos, os precedentes dos nosos lavabos, e para o baño empleanse grandes barreños de madeira. Os retretes son letrinas e a miudo situabanse fora do castelo (imaxinade que tedes un apreton en plena noite), ainda que tamen podian situarse no groso das paredes.


No castelo ademais, hai moi pouca luz xa que as aberturas son moi pequenas e estan recubertas de pergamiño, ata que no sec XIII entra en uso o cristal. Todo o interior esta alumbrado con velas. O mobiliario do castelo ainda en moi escaso. Como o señor esta de viaxe a miudo, debe poder levar os seus bens consigo. Os mobles concentrabanse na sala mais luxosa, a estancia principal. O mobiliaro podia compoñerse de bancos, asientos plegables e unha catedra. As mesas poden ser desmontables e nos baules e armarios gardabase a roupa branca e a vaixela. Nas paredes soian colgar panos, tapices e pieles que axudaban a protexerse do frio e da humidade. Imaxinades poder vivir nun sitio asi sen ningunha das comodidades que temos todos hoxe en dia¿?. En ocasions importantes, esparcian herbas aromaticas, como por exemplo incienso. En canto as camas, poden chegar a ser moi grandes, cubertas cun dosel de madeira do que colgan cortinas.


Castillo de Andrade. Pontedeume.


No hay comentarios:

Publicar un comentario