miércoles, 8 de febrero de 2012

Orden del Temple

Cabaleiros Templarios

Os monxes soldado aparecieron no sec XII, na epoca das primeiras cruzadas. Son monxes e guerreiros a vez, portan a espada e a cruz. O seu obxetivo e dedicarse a atencion e a defensa dos peregrinos en Terra Santa. A sua funcion militar non deixa de ampliarse e pouco a pouco as ordes relixiosas son cada vez mais ricas e poderosas.


A orde dos cabaleiros do Temple, naceu en 1118, cando nove cabaleiros templarios deciden dedicarse a proteccion dos peregrinos dende o punto onde os barcos lles desembarcan e a sua chegada a Xerusalem. Ao meu entender, tratabase dunha especie de policia de camiños. En 1119, o rei de Xerusalem, regalalles unha sala no seu palacio, e mais tarde lles cede o emplazamento do antiguo templo de Salomon, de aquí o seu nome.

Atuendo de un Templario.



Co continuo crecemento da orde, obteñen numerosos privilexios. Enriquecense gracias a numerosas donacions. Ademais, os peregrinos, por temor a ser asaltados durante o traxecto, toman a costume de confiarlles o seu diñeiro. Os templarios convertense en banqueiros. Os soberanos, inquietos polo seu crecente poder, ordenan o seu arresto. A orde dos templarios e abolida en 1312, os cabaleiros son condenados a morte e os seus bens pasan a formar parte dos hospitalarios.


Durante a sua epoca de auxe, os templarios deixaron a sua pegada en Galicia, levantando fortificacions como o castelo dos templarios en Ponferrada, ou ainda mais cerca, a igrexia de Santa Maria de Cambre, a cal, según conta a lenda: un grupo de templarios que lebaban rumbo a terra santa, foron sorprendidos por unha tormenta en augas das rias galegas. Ante isto acercanse a costa, fan acopio de provisions e proseguen co seu viaxe, non sen antes levantaren esta iglesia para darlle as gracias a Deus co fin de que lles proporcione unha boa viaxe ata Xerusalem.

Castillo de los Templarios. Ponferrada.



Ben, despois desta breve sintesis e coñecendo todo o que se ha especulado sobre a “extincion” dos templarios...que pensades vos?: Extinguironse?, seguen existindo hoxe en dia?, forman unha orde similar a dos Masones?. Deixo o final aberto para que me recompensedes coas vosas opinions.

No hay comentarios:

Publicar un comentario