miércoles, 11 de abril de 2012

A Crise de Antiguo Rexime en Galicia

En Galicia, coma no resto de España, asistese, durante o reinado de Fernando VII (1808-1833), ao enfrontamento entre liberais, adoito comerciantes, industriais e intelectuais progresistas que defendian un novo modelo social e unha nova estructura economica, e absolutistas, polo xeral xente do clero e da nobreza que defendia os privilexios dos que gozaran durante o Antigo Rexime.

O levantamento contra os franceses en Galicia

Pouco despois do levantamento do 2 de maio contra os franceses protagonizado polo pobo de Madrid, sucederonse diferentes manifestacions de rexeitamento nas principais vilas e cidades de Galicia, ao tempo que se constituia a Junta Superior del Reino de Galicia na Coruña. Non obstante, maila este rexeitamento inicial, as tropas francesas entraron en Galicia, sen apenas resistencia, o 3 de xaneiro de 1809, e fixeronse co control do territorio no transcurso dunhas semanas tras a Batalla de Elviña (A Coruña, 16 de xaneiro de 1809), na que o exercito frances ao mando do xeneral Soult derrotou as tropas britanicas mandadas polo xeneral Moore, que tras a batalla abandonaron Galicia.

Logo da ocupacion, xente de diversa procedencia dirixida por curas e fidalgos organizouse en partidas guerrilleiras espalladas por toda Galicia; daquela, deu comezo unha guerra en que a "reconquista" de Vigo (28 de marzo de 1809) e a batalla de Ponte Sampaio (7-9 de xuño de 1809) foron feitos decisivos para a expulsion dos franceses do territorio galego, que se produciu o 30 de xuño de 1809. A partir dese momento, a Junta Superior do Reino de Galicia pasou a depender, en calidade de xunta auxiliar, da Junta Suprema de Sevilla, ao tempo que seguiu abastecendo con diñeiro, alimentos e homes ao resto do territorio español que seguia en loita contra as tropas napoleonicas.

Paralelamente a loita contra o frances, na sociedade galega, sobre todo entre os sectores mais acomodados, produciuse outra loita interna, a que enfrontaba o clero e a nobreza, que pretendia manter o mesmo rexime politico que habia antes da chegada dos franceses, coa burguesia, que defendia a instauracion dun novo rexime politico aproveitando a situacion provocada pola ocupacion francesa. Deste xeito, constituironse os primeiros grupos politicos no seo da sociedade galega: o dos absolutistas ou servis, no que se agrupaban a fidalguia e o clero, e o dos liberais, integrado polos membros da incipiente burguesia galega; asi mesmo, e ainda que durou pouco, tamen se constituiu un grupo de afrancesados.

Entre os liberais, apoiados economicamente pola burguesia asentada na Coruña e noutras vilas galegas, estaban alguns catedraticos da Universidade de Santiago de Compostela. Os absolutistas contaron co apoio economico do arcebispo de Santiago.

Foi nese contexto de pugna politica no que xurdiron en Galicia as primeiras publicacions periodicas, que serviron para a difusion dos programas politicos de cada un dos bandos enfrontados. Nesa loita, os absolutistas lograron impoñer os seus candidatos na Junta do Reino, no Consejo de Regencia e nas Cortes de Cadiz, non tanto nas eleccions de 1810 coma nas de 1813.

Galicia baixo Fernando VII: absolutistas e liberais

O retorno de Fernando VII abriu unha etapa de implacable represion dos liberais. Como consecuencia desa represion, moitos liberais, que polo que se deduce dos expedientes abertos nas causas exercidas na sua contra eran comerciantes, avogados, empregados publicos, militares, medicos e universitarios, optaron entre o exilio e a clandestinidade, transitando en ocasions pola via do pronunciamento militar como forma de acceder ao poder. O primeiro dos pronunciamentos, encabezado por Diaz Porlier, produciuse o 19 de setembro de 1815 na Coruña; apoiado pola burguesia local e polo exercito destacado nesa cidade, fracasou ao non obter o apoio das outras unidades militares destacadas en Galicia.

Durante o sexenio absolutista, os realistas exerceron unha intensa actividade, animada desde a se compostela e apoiada polo clero, a nobreza e a fidalguia, a prol da recuperacion das institucions do Antigo Rexime. Con todo, maila a represion, os absolutistas non deron detido o proceso conspiratorio, que logo dun intento frustrado en 1817, conseguiu levar de novo ao poder aos liberais no ano 1820, o que foi posible grazas ao pronunciamento do xeneral Acevedo na Coruña, seguido doutros pronunciamentos en Ferrol e Vigo que garantiron o exito do levantamento de Riego.

A restauracion absolutista da decada "ominosa" abriu de novo un periodo de represion, prohibironse numerosos xornais e asociacions e empregaronse os pulpitos e as balconadas das casas dos concellos como medios privilexiados para a propaganda absolutista.

Reformas na organizacion territorial de Galicia

No ano 1810, no tempo en que Xose I reinaba en Madrid, proxectouse unha importante reforma administrativa que dividia o territorio galego en catro prefecturas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, pero non chegou a ter aplicacion real debido a que os franceses foran expulsados de Galicia en 1809.

A organizacion do Estado fora unha das cuestions que mais preocuparan aos deputados constituintes, polo que na Constitucion de 1812 estableceron as directrices para unha profunda reforma administrativa e territorial. Pero, nos anos seguintes tan so se chegou a aprobar unha division xudicial que dividia Galicia en 46 partidos xudiciais, con cadanseu xuiz e xulgado; maila todo, esa division xudicial non tivo repercusion practica.

A division provincial non se aprobou ata o trienio liberal, cando a reforma administrativa deixou a Galicia dividida en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, primando o eixe liberal A Coruña-Vigo fronte ao mais conservador Lugo-Ourense. Pero, poucos meses despois de entrar en vigor esa reforma no ano 1822, paralizouse debido ao retorno do absolutismo, ainda que serviu de base para a reforma de 1833.

A terceira das grandes reformas administrativo-territoriais, a reforma municipal, correu unha sorte semellante as outras duas: en 1812 e 1820 recoñeceuse so entidade administrativa municipal as cidades e vilas importantes, que se constituiron como concellos constitucionais, mentres que o resto do territorio quedou a marxe da nova reorganizacion.

Tampouco se chegaron a delimitar distritos electorais dun xeito definitivo, polo que os distritos electorais variaron de cada vez: en 1810 e 1813 foron cada unha das sete provincias do antigo Reino de Galicia; en 1820 e 1823, pola contra, considerouse a Galicia como unha unica circunscricion electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario