jueves, 12 de abril de 2012

Galicia no tempo de Isabel II

Durante o reinado de Isabel II definironse as duas correntes internas do liberalismo: a moderada e a progresista. Estreitamente relacionado co liberalismo mais progresista xurdiu unha corrente galeguista: os provincialistas. Por outro lado os carlistas, opostos aos liberais, provocaron duas guerras civis.

A evolucion politica: liberais, carlistas e galeguistas

En Galicia, as duas correntes liberais definianse mais polos persoeiros que as representaban ca polo seu programa politico, totalmente subsidiario dos intereses xerais do Estado que se decidian en Madrid. Neste sentido, entre os principais persoeiros do liberalismo galego no primeiro periodo isabelino (1833-1843) atopabanse comerciantes, industriais, militares ou profesores universitarios tanto entres as filas do moderantismo (Varela de Montes, Florez, Elduayen, Pastor Diaz...) coma nas do progresismo (Rodriguez Terrazo, Diaz de Robles, Alsina...)

Neste primeiro periodo isabelino produciuse o primeiro enfrontamento armado entre os partidarios do liberalismo e os do absolutismo: a I guerra carlista. As primeiras faccions carlistas non se atoparon ata febreiro de 1834, maila que, antes de que o 10 de xaneiro de 1834 o pretendente Carlos chamase aos galegos a defensa da sua causa, os carlistas sobre todo nas vilas de Ferrol, Lugo e Mondoñedo comezaran os preparativos da guerra. A partir desa data xurdiron numerosas faccions espalladas por todo o territorio galego, encabezadas por un xefe militar, un administrador de fondos, un xuiz e fiscal dos procesos seguidos contra os traidores e os espias.

Nesta primeira xeira, o carlismo fracasou principalmente debido a que estaba encabezado polo clero e a fidalguia, que aspiraban a perpetuar os privilexios de que gozaban no sistema que os liberais comezaban a desmontar, o que provocou a desvinculacion do campesiñado sometido por aqueles.

En setembro de 1840, tras a fin da I guerra carlista, o exercito pronunciouse en Vigo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela: os progresistas consideraban chegados os tempos de gobernar; en 1843 os liberais, que acababan de gañar as eleccions, formaron unha Xunta Central de Galicia para executar o programa progresista; non obstante, as divisions internas favoreceron que os moderados se fixesen co control politico a partir de 1844.

A nova situacion favoreceu a xestacion, arredor da Academia Literaria de Santiago, dun activo nucleo progresista, integrado por Antolin Faraldo, Leopoldo Martinez Padin, os irmans Rua Figueroa e os irmans Romero Ortiz, entre outros, que se agrupaban arredor da defensa comun do cristianismo social progresista, da democracia e do progreso, que foron a pedra angular do PROVINCIALISMO GALEGO.

O pronunciamento do comandante Solis o 2 de abril de 1846, inicialmente un nuevo intento progresista por desprazar os moderados do poder, converteuse nun fito fundacional do galeguismo debido ao protagonismo dos provincialistas, entre os que figuraban Antolin Faraldo, Manuel Rua Figueroa e Antonio Romero Diaz. Nesa conversion en fito fundacional do galeguismo tivo moito que ver o traxico final dalguns sublevados, executados en Carral o 26 de abril, polo que os denominaron os martires de Carral.

Fronte a ese movemento progresista, en 1847, aproveitando a situacion de malestar xeral entre a poboacion, como os motins pola escaseza e a suba do pan en Santiago de Compostela, os carlistas volveron levantarse en armas, ainda que esta II guerra carlista apenas durou uns meses.

Tamen en 1847, maila a represion exercida sobre o nucleo progresista compostelan, fundabase o Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela, sociedade artistica e recreativa, liberas e progresista, na que confluiron numerosos galeguistas, como Aurelio Aguirre, os irmans De la Iglesia, Rodriguez Seoane ou a mesma Rosalia de Castro e Eduardo Pondal. Foron precisamente dous mozos do Liceo, Aguirre e Pondal, os organizadores do Banquete de Conxo, festa progresista e republicana celebrada para reunir a artesans e estudantes o 2 de marzo de 1856.

Na decada de 1850, ainda que Santiago de Compostela seguiu a ser un centro neuralxico do galeguismo, xurdiron nucleos galeguistas noutras localidades, nas que se imprimian numerosos xornais de caracter provincialista como El clamor de Galicia, El Miño e La Oliva, nos que colaborou Murguia, que axiña se convertiria nun dos principais teoricos do galeguismo, elevandoo, sobro todo tras a publicacion da sua Historia de Galicia (1865), a teoria politica, coincidindo no tempo coa publicacion de Cantares Gallegos (1863) de Rosalia de Castro.

Nas decadas de 1850 e 1860, fronte aos liberais galegos que se inscribiron nas ringleiras do Unionismo, como Alvarez Bugallal ou Riestra, houbo outros que o fixeron no Partido Democrata, como Eduardo Ruiz Pons, autor do programa democrata publicado en 1861, no que reclamaba as liberdades e dereitos individuais, sufraxio universal, reformas administrativas... Foi no Partido Democrata onde se reuniu o pequeno nucleo galeguista desas decadas, no que salientaron Eduardo Chao e Indalecio Armesto.

As reformas do periodo isabelino

Durante o periodo isabelino desenvolveronse duas reformas que teran unha grande repercusion politica e social: a reforma administrativa e a desamortizacion.

Reformas Administrativas:

Na division provincial proposta por Javier de Burgos en 1833, Galicia dividiase nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; e quedou definitivamente desprazada da capitalidade provincial a cidade de Vigo. Esa division en provincias foi moi criticada polos galeguistas, que a consideraban unha division artificial. Tras a division provincial, en 1834, aprobouse a nova division xudicial e, en 1835, a nova division municipal, que recoñecia 326 concellos.

A Desamortizacion:

A desamortizacion en Galicia apenas modificou a estructura da propiedade da terra, que seguiu sendo foral. Isto debeuse a que non se puxeron en venda as terras, senon os dereitos (foros) a percibir rendas da terra, que permaneceron en mans da fidalguia ou pasaron as mans dunha burguesia mais interesada en investir o seu capital en rendas ca en actividades comerciais ou industriais. Houbo que esperar a posterior redencion foral para que os labregos foreiros se fixesen propietarios e se modernizase asi o campo galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario